GOND008
Xa que nos puxo o certamen
Título | Xa que nos puxo o certamen |
Autor | del Río y Otero, Juan |
Data orixinaria | 1697 |
Edición | Álvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
DEL Br DON IOAN DEL RIO Y OTERO
ROMANCE GALLEGO
JA que nos pujo ò certamen
A porfia, ou ò Probrema
Na nosa lingua esquecida
Nomais, que por ser galega.
Ledo agora hasta nomais,
Porque lle coupese à ela
No Ceu daquel gran Escudo
Tansiquer ò ter Estrela.
Direi ò meu parecer,
Darei à miña sentenza.
Porque me fai Leterado
O que me fijo Poeta.
A essa cabeça do mundo
Moito debeu Iulio Cesar
Bos pais, è grandes amigos,
Moito amor, moita riqueza.
E Roma, que lle debeu
O grande Iulio ò facela
De Cidade libre escraua,
E de siñora, sojeita.
Os seus nobres moradores,
Fijoos gemer demaneira,
Que escollian mortes suas
Por non ver mortes alleas.
Desdo ò Thamassis frolido,
O Nilo das grandes cheas
Fijo, que todos soupesen,
Que el sò ò seu siñor era.
Trouguen esta comparanza;
Porque todo ò mundo veja,
No que foron ò que vay
Do gran Iulio ò gran Fonseca.
Moito debeu Don Afonso
A este chan de Compostela,
Riquezas, moitos amigos,
E moitissima nobreza.
Esto todo do Arçobispo
Decer moi ben se pudera
Cael non lle faltaria
Anque en Monte-Rey nacera.
Mais ja esto non se pede,
E pois cà tras dito queda,
O que debe Don Afonso
Direi ò que à Afonso deban.
Debeslle tanto à este Fillo
Amada terra, que deixa
O teu agradecemento
Cayse que non se coñeza.
Fijoche libre de escrava,
Tamen siñora as dereytas:
Pois sabes ben co entendido
Sempre à todos siñorea.
Todos os teus moradores
De calquer estado sejan,
Viuen contentos, è libres
De trabucos, è gabelas.
Que garrida, que che fijo
Con casas grandes ben feytas,
Bastaualle essa por moytas,
Essa que ten as cadeas.
Cadeas ben nomeadas
As de ferro, non aquelas
Semellantes as da Alcides
Douro fino en tantas letras.
Que de bolras non se vèn
Honrar tan boas cabeças,
Porque mereces, que todos
Che chamen segunda Athenas.
Por el ò teu nome à fama
Po lo mundo espalla leda,
Alà donde say o sol
Desdo Cabo de Fisterra.
Alà donde rega o Indo;
Alà donde o Ganjes rega
Embejando o Indo, è o Ganjes
Os nosos Sar, è Sarela. Rios de Santiago.
Ora ben debes o ser,
(Digo po la derradeyra)
Casa Santa à Santiago
Gran Cidade o gran Fonseca.
Lenda: | Expanded • Unclear • Deleted • Added • Supplied |
Descargar xml • Descargar vista actual como txt