GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

GOND050_A

Adán non pudo pecar

TítuloAdán non pudo pecar
AutorCernadas y Castro, Diego Antonio
Data orixinaria1753ca
EdiciónÁlvarez, Rosario / González Seoane, Ernesto

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

De Fruime sobre esta copla: Adan non pudo pecar. Christo non resucitòu. Sn Juan non ò bautizòu. Ningun se pode salvar. Dios â Adan co ô seu poder puxo aquela Privazòn duna mazan, por qe. non se desmandase en comer. Que fixo Adan? Quixo encher ô fol, è à manzan provar: Assi pecou, qe à non andar, aunque con Eva foi mol, no conto ò demo do fol, Adan non pudo pecar. Desde ali no fol do embigo xunto à caca nos criamos, sendo da culpa, qe. herdamos, ò fol ô primer castigo. Desto poño por testigo à quen nos comadreòu. Aquel fol nos apestou, è si algun mo nega, àfè tamen pode decir, que Christo non resucitòu. Ali Adan quedou tan feo, que enfrascado na malicia se veu cheo de inmundicia, assi que ô seu fol veu cheo. Fillos, è fillas à reo desta manera ciscou: Sola mui limpia quedou à nai deaquel capitan, que outro como el no Jordan Sn Juan non no bautizòu. Fixo penitencias rexas Adan de foles vestido, que os foles, fora ô cortido, ò mismo son, que pelexas. Por Silicios, si ò cotexas, ò fol se pode tomar, e non os sabendo o levar, cando enfadan à pacencia os foles, en penitencia, ningun se pode salvar.

Lenda:

ExpandedUnclearDeletedAddedSupplied


Descargar xmlDescargar vista actual como txt