GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

Buscas no corpus

Consulta CQL: xerador de consultas | visualizar | opcións

 

En CORTEGAL poden facerse buscas de texto, buscas de documentos ou combinar as dúas opcións para filtrar os resultados.

Para buscar unha palabra do corpus pode escribirse esta na caixa de buscas CQL ou ben en “Versión final estudante”. Ademais, poden facerse buscas nas distintas capas de estandarización, buscas polos códigos que identifican as diferentes desviacións do estándar, polos códigos que sinalan a fonte destas desviacións, pola clase de palabras da voz escrita pola/o estudante, pola clase de palabras da forma estándar, polo lema correspondente á palabra proporcionada polo alumnado (lema orixinal) e polo lema estándar. Así mesmo, poden procurarse diferentes tipos de conectores clasificados de acordo co seu tipo e algúns outros códigos de desviación que afectan ou poden afectar a secuencias (en Anotacións multipalabra). O valor dos códigos das desviacións, da fonte destas, dos conectores, con algúns exemplos, así como as etiquetas EAGLES empregadas para as clases de palabras poden consultarse no documento Códigos e etiquetas EAGLES empregados na anotación dos textos.

Por outro lado, en “Busca de documentos” poden seleccionarse os textos de acordo con diferentes criterios: o seu nome, o tema, a convocatoria, a comisión delegada (poden verse no documento Centros de ensino asociados ás comisións delegadas das probas ABAU (curso 2016-2017) os centros asignados a cada comisión delegada), así como criterios cuantitativos (número de palabras, número de lemas, densidade léxica, número de enunciados etc.). A densidade léxica calcúlase dividindo o número de lemas entre o número de palabras e sempre se sitúa entre 0 e 1, pero dada a imposibilidade do buscador de traballar con decimais, as cifras obtidas multiplicáronse por 100, de tal modo que o rango se sitúa entre 0 e 100 (deste xeito, unha densidade léxica de 0,54 figura como 54).

Finalmente, é posible realizar consultas máis complexas a través da caixa de buscas CQL, que tamén admite comodíns e operadores lóxicos. Para máis información sobre o sistema de buscas, consúltese a axuda.