1. O Tesouro Informatizado da Lingua Galega ofrece dúas modalidades básicas de consulta:
2. Existe tamén unha modalidade de busca avanzada, que permite refinar as operacións introducindo diversas especificacións, como a categoría gramatical da forma buscada, o treito cronolóxico en que se desexa realizar a consulta e, ademais, a existencia dunha determinada palabra ou lema no contexto próximo. Esta última opción resulta especialmente útil cando se desexan localizar dentro do corpus exemplos de unidades pluriverbais, colocacións, etc.
3. Tanto nas dúas modalidades básicas de busca (por lema e por palabra) como na modalidade de busca avanzada, os resultados das consultas son presentados por defecto en orde cronolóxica ascendente (dos rexistros máis antigos aos máis modernos). En todo caso, o usuario pode logo dispoñer estes resultados en orde cronolóxica descendente (dos rexistros máis modernos aos máis antigos) ou ben seguindo unha ordenación alfabética directa (do A ao Z) ou inversa (do Z ao A) das claves con que se designan as obras.
4. Ademais da localización das ocorrencias da forma buscada e do contexto de uso inmediato (que pode ampliarse activando o sinal correspondente), a aplicación ofrece un sinxelo informe acerca dos resultados da consulta, que inclúe o número total de ocorrencias, o número de obras en que estas se rexistran e un gráfico coa súa distribución por treitos cronolóxicos.
5. A aplicación permite tamén descargar nunha táboa os resultados da consulta. Esta descarga está limitada aos 5.000 primeiros rexistros, contados a partir do primeiro rexistro da páxina activa.