Tesouro Informatizado da Lingua Galega

Esta é unha versión obsoleta do TILG. Para acceder á versión actual debe dirixirse á URL http://ilg.usc.gal/TILG

Busca avanzada

O Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG) é un corpus do galego moderno, lematizado e etiquetado gramaticalmente, desenvolvido no Instituto da Lingua Galega baixo a dirección de Antón Santamarina. A súa versión actual, inclúe 1.958 obras de 704 autores e autoras, producidas todas elas entre 1612 e 2013, e permite realizar consultas nunha base integrada por máis de 26 millóns de palabras, correspondentes a 95.409 lemas diferentes. Admite dous tipos básicos de pesquisa, por palabra ou por lema, que poden ser refinadas mediante diversas configuracións avanzadas.

Desde o seu inicio en 1986 ata a actualidade o proxecto contou co financiamento da Dirección Xeral de Política Lingüística (e logo da Secretaría Xeral de Política Lingüística) da Xunta de Galicia. O corpus foi adaptado en colaboración co Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo con vistas á súa integración na plataforma RILG, no marco dun proxecto de investigación financiado pola Dirección General de Investigación (Ministerio de Educación y Ciencia) e pola Dirección Xeral de I+D (Xunta de Galicia).

Forma de cita

Copiar
Santamarina, Antón (coord.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. <http://ilg.usc.es/TILG/> [Consultado: <data>]