Asociación Galega de Onomástica

AGON é unha asociación que ten o fin de impulsar traballos dedicados á conservación, divulgación e investigación dos nomes de persoas e de lugar. O seu ámbito non só se circunscribe aos límites políticos da Galicia actual, abrangue tamén os territorios limítrofes, tanto de España coma de Portugal, pertencentes á Gallaecia histórica.

  • Parabéns!

    Parabéns a Brais, Xiana, Lúa, Lucía, Rita, Leonardo, María e Roi, membros dos equipos do IES Rosalía de Castro de Santiago que gañaron os dous primeiros postos na VI Olimpíada Científica Xuvenil Española. Todos eles con nomes galegos!

  • No pasamento de Fernando Cabeza Quiles

    A Asociación Galega de Onomástica quere expresar a súa fonda aflición polo pasamento de Fernando Cabeza Quiles, socio e membro do equipo directivo, e enviarlle unha aperta sentida á súa familia. Un dos principais divulgadores do coñecemento científico da toponimia, levaba publicando desde hai máis de tres décadas obras imprescindibles: Os nomes de lugar: topónimos de…

  • Cruxeiras

    O nome de lugar Cruxeiras provén do substantivo curuxeiras ‘lugar onde aniñan e habitan as curuxas’, en referencia a un lugar penedoso, agachado e de difícil acceso, pois as curuxas son aves tímidas que refugan a presenza humana. O topónimo Cruxeiras do concello de Ribeira  deu lugar ao apelido, que ten nese mesmo concello a maior densidade e número, aínda que…

  • O nome Iria

    O nome Iria empezou a usarse timidamente na década de 1960 (INE: Nombres por provincia y fecha de nacimiento) e entrou na lista de nomes galegos máis frecuentes na década de 1980 . Foi o primeiro nome de forma exclusiva galega que se popularizou e estaba entre os trinta máis usados. Vinte anos despois, na década…