logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- hug, huge, hugely, huh, hulk, hull, hullabaloo, hullo, hum, human, humane, humanism, humanist, humanitarian, humanities, humanity, humanization, humanize, humankind


human


- noun
- humano

EN Percival, released, surrounded by the comfortable presence of humans, fell in the long grass and went to sleep.
GL Percival, aliviado e arrodeado da afagadora presencia de humanos, caeu na herba alta e adormeceu.
- Fonte: SEN (2500)
- home

- Malia aparecer documentado no exemplo, o uso de home como sinónimo de ser humano considérase hoxe en día un uso sexista da linguaxe que debe ser evitado.

EN It was beautiful spring weather, but neither dogs nor humans were aware of it.
GL Era unha fermosa primavera, aínda que nin os cans nin os homes se decatasen.
- Fonte: CHA (1060)
.....--- human being
- ser humano

EN In short, Mrs. Pontellier was beginning to realize her position in the universe as a human being, and to recognize her relations as an individual to the world within and about her.
GL En resumo, a señora Pontellier estaba empezando a ser consciente da súa posición no universo como ser humano e, como individuo, a recoñece-las súas relacións co mundo que a rodeaba e co seu propio mundo interior.
- Fonte: ESP (310)
- persoa

EN He was surprised to see any human being in this lonely and unfrequented place, but supposing it to be some one of the neighborhood in need of his assistance, he hastened down to yield it.
GL Asombrouno atopar unha persoa nun lugar tan solitario e deshabitado pero, pensando que se trataría dalgún veciño dos arredores que precisaba axuda, apresurouse a botarlle unha man.
- Fonte: RIP (73)
- home

- Malia aparecer documentado no exemplo, o uso de home como sinónimo de ser humano considérase hoxe en día un uso sexista da linguaxe que debe ser evitado.

EN He felt that somehow this knowledge would pay the mortmain that memory levies on human beings, and he would stand a chance with Harry's girl.
GL Dalgunha maneira, pensou, este feito liberaríao do lastre que as lembranzas deixan nos homes e acaso así tería unha oportunidade con ela.
- Fonte: TER (1649)


- adjective
- humano

EN But I know human nature, my friend, and I tell you that, suddenly confronted with the possibility of being tried for murder, the most innocent person will lose their head and do the most absurd things.
GL Pero eu coñezo ben a natureza humana, meu querido amigo, e dígolle que a máis inocente das persoas, ante a posibilidade de ser xulgada por asasinato, perdería os nervios e sería capaz de face-las cousas máis absurdas.
- Fonte: ASA (5069)