logo sli
Seminario de Lingüística Informática, 2005-2018
Universidade de Vigo

Dicionario CLUVI inglés-galego, 2ª edición revisada (versión 2.2)

(Baseado no Corpus CLUVI da Universidade de Vigo)



En inglés
Comeza con
En galego
Palabra exacta
Portada
Sobre o Dicionario
- liqueur, liquid, liquidate, liquidator, liquidity, liquor, lira, Lisbon, lisp, list, listen, listener, listless, listlessly, listlessness, litany, literacy, literal, literally


list


- noun
- lista

EN "I expect we'll want to know all their names," said the fat boy, "and make a list".
GL --Supoño que imos necesitar saberlles tódolos nomes --comentou o gordo--, e facermos unha lista.
- Fonte: SEN (116)
- listaxe

EN 'I have made a list,' he said, 'if you like to see it, it will, perhaps, refresh your memory'.
GL Fixen unha listaxe --díxolles--, se lle botan vostedes unha ollada quizais lles refresque a memoria.
- Fonte: ASA (4654)
- catálogo

EN All she could do now was to admire the refrigerator, and turn the pages of the Stores list in the hope that she might come upon something like a rake, or a mowing-machine, which, with its prongs and its handles, would need the greatest skill and care in cutting out.
GL O único que podía facer agora era admira-lo frigorífico e pasa-las páxinas do catálogo dos Almacéns coa esperanza de atopar algo coma un anciño ou unha cortadora de céspede, que, debido ás pugas e ós mangos, precisaban moito coidado e xeito ó recortalos.
- Fonte: CAR (141)
- relación

EN A US banker in Maryland, for example, recently obtained a list of cancer patients, matched them with his customers and then automatically rejected loan applications from those who were ill.
GL Os abusos recentes dun banqueiro estadounidense de Maryland poden dar unha idea. El obtivera unha relación de persoas que padecían cancro e, cruzándoa coa dos seus clientes, podía rexeitar sistematicamente os enfermos que solicitaban préstamos.
- Fonte: C17 (1158)


- transitive verb
- facer unha lista de

EN With hard and patient labor they overhauled their holdings and listed them.
GL Traballando arduamente e cheos de paciencia examinaron as súas pertenzas e fixeron unha lista delas.
- Fonte: LEG (421)
- enumerar

EN The recording studio is a table set up in the hospital gardens, while a blackboard attached to a tree lists the afternoon's programmes: "Visits," "Rock," "Teenage problems," "Sports news" and "Dead Mute".
GL Desde unha mesa instalada nun dos xardíns do hospital. Pendurado dunha árbore, un encerado enumera os programas da tarde: "Visitas", "Rock", "Conflictos da xuventude", "Mundo deportivo", "Rouco ata morrer".
- Fonte: C06 (24)
- incluír

EN The Specialty Travel Guide lists tour operators around the world offering a variety of commercial special interest tours and courses --although these can be expensive.
GL A Specialty Travel Guide inclúe as axencias de viaxe comerciais que propoñen unha ampla gama de excursións e cursos, pero a un prezo elevado.
- Fonte: C12 (479)