[eixido] [eyxydo] [yxido]
| subst. |
subst. 'terreo pelado e de pouca extensión a carón de casa'. O Elucidário, despois de defini-lo termo, acaba explicando que modernamente na provincia de Minho é o mesmo ca eido. Cfr. s.v. eixido. No meu corpus tódalas ocorrencias están en plural e, se identificamos eixido con eido, temos que os eixidos son 'herdades compostas por terreos cultivados, terras de labor, hortas, etc., que están preto da casa ou, ás veces, tamén a inclúe dentro da herdade'. Pero hai que ter en conta que é un termo que aparece dentro de longas enumeracións que compoñen fórmulas de compra, venda, doazóns, etc., e o que veñen a significar todos estes termos realmente son 'os productos e beneficios dunha propiedade', e en xeral 'todo o que se pode percibir polos dereitos que se teñen sobre un determinado lugar'. Así Pidal Cid, s.v. exida, di que las exidas e las entradas significan propiamente 'tódalas portas dun recinto pechado', pero ademais 'tódolos términos dun terreo', advertindo que no verso 1163 "la frase parece reflejo de la que se empleaba corrientemente en los documentos notariales para indicar la totalidad de una tierra". Eixidos, 2.9 (1341) "quanta herdade et chãtado, casas et casares, a montes et a fontes, cõ todas súas dereyturas et eixidos nós, (...) concãbeamos et conpra(a)mos d' Afonso Botello"; 16.10 (1397) "todas quantas herdades et chantados, casas et casares et eixidos et eiras et formaas, a mõtes et a fontes, que eu ey"; 17.11 (1397) "casas et casares et vyna et eixidos e eiras et formaes"; 20.9 (1403); 21.9 (1403); 25.10 (1409); 30.17 (1415) "dereituras, entradas et seídos, eixidos et ágoas uertentes". Eyxydos, 19.10 (1398) "eyras et cortynas et áruores et eyxydos". Yxidos, 5.10 (1345) "Uẽdemos a uós a meatade da dita casa cõ todos seus yxidos et entrados et cõ todas súas dereyturas". Cfr. s.v. entrada2, {sayda, saydo} |