logo sli logo ilg DDGM - Dicionario de dicionarios do galego medieval

Dicionario de dicionarios do galego medieval

Corpus lexicográfico medieval da lingua galega


Está a procurar a palabra enpenar como lema no Dicionario de dicionarios do galego medieval.4 Rows
- Número de acepcións atopadas: 4.
- Distribución por dicionarios: CONCELLO DE NOIA (1), LIBRO DE NOTAS (3).

Se desexa realizar outra pescuda, pode calcar aquí.

M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456].
enpenorar
enpeñar
{enpenar}
v. v. 'dar ou deixar algo en depósito para seguridade da satisfacción ou pago dunha débeda'. Inf.: Enpenorar, 10.86 (1390) "et se per abentura queserdes vender ou enpenorar ou troquar ou cãbear ou poer ou trasmudar este dito aforamento em outras personas, que ante que o façades, que o façades saber a nós". Enpenar, 42.34 (1445) "et que o posades tẽer et vsar et pesuýr et dar et doar et trocar et cõcanbear, vender et enpenar et faser del et en el toda vosa voõtade como de vosa cousa propia". Enpeñar, 56.38 (1477) "E outrosí que vós nẽ vosas vozes nõ posades vender nẽ enpeñar nẽ enaleañar este dito foro". {Cfr. s.v. enpeño, penorar, sopenorar}

F. R. Tato Plaza (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega [Glosario, pp. 237-711].
enpenar
v. tr. v. tr. "Empeñar, entregar unha cousa como garantía dun préstamo".
____Inf. Inf. enpenar (6): "para vender, enpenar, trocar e cãbiar e faser delo e en / elo o que lle prouger" 497, 715, 925, 960, 1008, 1073.
____ Der. do ant. peños "prenda", do lat. pĭgnus, -ŏris. Documéntase inpennarent nun texto port. do XII-XIII (DELP s.v. empenhar).




Seminario de Lingüística Informática - Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega, 2006-2022
O Dicionario de dicionarios do galego medieval é obra de Ernesto González Seoane (coord.), María Álvarez de la Granja e Ana Isabel Boullón Agrelo
Procesamento informático e versión para web: Xavier Gómez Guinovart

Powered by Debian    Powered by Apache    Powered by PHP    Powered by MySQL