mjscrado miscra
| subst. |
.- subst. 'tecido feito de fíos de diferentes clases e cores'. Cfr. DRAE, s.v. mezclado3. Mjscrado é unha variante de miscra. Nestes documentos vai calificando a outro tecido. Nun principio a miscra foi un 'tecido de la', pero posteriormente recibiron este nome non só os tecidos de la, senón todos aqueles que estaban elaborados con fíos de distintas cores. Pero aínda que tiñan distintas cores sempre había un que predominaba por riba dos demais; as cores do miscrado que existiron eran as azouridas, viadas e moradas. Ó principio da Idade Media foi un tecido importado de Flandes, pero despois elaborouse en Aragón, Cuenca e en Navarra. Con este tecido fixéronse numerosas pezas de vestir como pelotes, redondeis, capirotes, saias, capas, cotas, etc. Mjscrado, "os quaes morauidís eu de uós rreçebý en seys varas de pano tinto mjscrado en presença deste notario et testemoyas" 16.21 (1397); "os quaes morauidís nós de uós rreçebemos en tãtos rrayaes de prata et en tãto pano tinto mjscrado que mõta et ual a dita contĩja" 17.22 (1397). Cfr. s.v. tinto. Vid. s.v. pano2. |