tinto
| adx. |
.- adx. 'de cor encarnada escura'. Os tecidos de la foron os máis utilizados na Idade Media; estes tecidos ou panos elaboráronse en calidades moi distintas e tinxíronse de cores moi variadas: violeta, branca, dourada, negra, laranxa, vermella, azul, amarela, gris, tinta, etc. Pero non tódalas cores puideron ser utilizadas por tódalas clases sociais; nas Cortes de 1252 ós mouros prohibíuselles vestir panos vermellos e verdes e no ano 1268 non podían usar ningún pano tinto. Os cregos non podían vestir cores vivas e os escudeiros tiñan prohibida a cor verde, morada, laranxa, rosada e tinta. Un dos panos máis populares na Idade Media foi o chamado tinto. Esta denominación puido ter unha dobre orixe; por unha banda, 'tecido de la tinxido en calquera cor'; por outra, 'tecido tinxido en cor vermella escura semellante á do viño tinto'. Tinto, "os quaes morauidís eu de uós rreçebý en seys varas de pano tinto mjscrado en presença deste notario" 16.21 (1397); "os quaes morauidís nós de uós rreçebemos en tãtos rrayaes de prata et en tãto pano tinto mjscrado que mõta et ual a dita contĩja" 17.22 (1397). {Cfr. s.v. mjscrado, tinto} |