M. C. Barreiro (1995): A documentación notarial do concello de Noia (ss. XIV-XVI). Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela [Glosario, pp. 155-456]. |
---|
posison proçyçõ posisõ posisom posysõ posysom posyson
| subst. |
subst. 1.- 'acto de posuír ou ter unha cousa corporal con intención de conservala para si ou para outro; e por extensión dise tamén das cousas incorpóreas, as quaes en rigor non se posúen'. Aparece en case tódolos contextos coordinado co termo propiedade. Na Partida III defínese a posisón como "tenencia derechurera que home ha en las cosas corporales con ayuda del cuerpo y del entendimiento". Distínguese entre este concepto e o de propiedade: "propriedat es el señorio de la cosa" e posisón "es la tenecia della" (Partidas). En Dereito defínese como posesión natural (possesio naturalis) 'posesión sobre a cousa, independentemente da mera detentación, que é un feito, e que por iso recibe este nome'. Pódense ter dúas relacións: a) a posesión ou control acompañado da intención de exercelo para si (animus rem sibi habiendi), que goza de protección xudicial restrinxida e b) a propiedade ou dominio, que é a pertenza total e solenmne, con ampla protección xudicial, que permite rexeita-las perturbacións e, ademais, reclama-la cousa de calquera outra persoa ou reivindicación (actio reivindicatoria). A propiedade entraña a posesión, pero esta fai innecesaria aquela moitas veces, pois é máis sinxela de probar. Cfr. Gutiérrez-Alviz DDR, s.v. possessio. {Cfr. s.v. señorio}. Posisón, "et todo jur et señorío et posisón et propiadade et voz et abçón et castón et dereito que eu ey et me perteesçe" 13.38 (1395); "et todo jur et señorío, propiedade et posisón et vós et auçõ que eu ey et me pertẽeçe nas ditas herdades" 16.28 (1397); "todo jur et señorío, propiedade et posisón et dereito et voz et auçõ que nós auemos et nos pertẽeçe ẽnas ditas herdades" 17.28 (1397); "todo jur et señorío et propiadade et posisón et dereito et voz et auçõ que eu ey" 20.45 (1403); "todo jur et senorío, propiadade et posisón, dereito, voz et aubçõ que eu ey et me" 21.45 (1403). |
____ | IImperf. P3 |
2.- poer en posisón de, meter en posisón de, 'poñer real e efectivamente á súa disposición a cousa corporal, entregarlle ou outorgar un instrumento como símbolo de tradición real, que se excusa, ou ben dar sinal con algún acto ou obxecto de transferirlle dereitos ou cousas incorporais'. IImperf. P3 Puna, "presẽtaua o dito estromento et pareçía por ele que mercara et era súa a dita meadade de casa, por ende que o puna et apoderaua, et poso et apoderou ẽno jur et posisõ da meadade" 23.32 (1406). Poýna, "diso que poýna et poso ao dito Pero Vaasques en posisón da medade do dito forno" 35.24 (1422). Poýnã, "rrestetuýã et poýnã et apoderauã aa dita Tareija Afonso (...) ẽna posisõ et jur dos ditos herdamentos" 47.29 (1450). IPret. P1 Poso, "por ende que o puna et apoderaua, et poso et apoderou ẽno jur et posisõ da meadade da dita casa" 23.33 (1406); "diso que poýna et poso ao dito Pero Vaasques en posisón da medade de dito forno" 35.24 (1422). Hai 8 ocorrencias desta forma vid. listado s.v. poso. SImperf. P3 Posese, "pedía et pedeu ao dito moordomo que o posese et apoderase ẽno jur et posisõ da dita madade de casa" 23.25 (1406); "et pedeu ao dito alcallde que o posese en jur et posisón del" 35.17 (1422); 41.82 (1443). P6 Posesen, "por vertude dela, a rrestetuýsen et posesen ẽno jur et posisón dos ditos herdamentos" 47.25 (1450). Part.: Posta, "posta em poder et posisõ do dito Garçía Vellasques" 24.44 (1407). |
____ | |
3.- tomar posisón, vid. s.v. tomar2. |
____ | ____ |
4.- paçéfica posisón, 'tomar posesión sen violencia ou coacción'. Posisón, "quero et outorgo que as posades entrar et tomar et rresçeber o jujr et paçéfica posisón per vós mesmos ou por queen vós quiserdes" 55.30 (1476); "tomar et rreçeber o jur et paçífiqua posisón del por vós mesma ou por quen vós quiserdes" 64.23 (1493). Vid. s.v. [paçefico]. |
____ | ____ |
5.- posisón corporal, 'poder material sobre a cousa'. Vid. s.v. corporal. Posisón, "et outorgo en lugar de senorío et posisón corporal" 55.44 (1476); "et outorgo en logar de señorío et posisón corporal, porla qual vos dou poder" 59.39 (1482); "posades entrar, tomar, rreçeber o jur e posisón corporal, rreal et abtual da dita metad das ditas casas que vos vendo" 59.44 (1482). Hai 40 ocorrencias con esta grafía deste termo, vid. listado s.v. posisón. Posisõ, "et todo jur, posisõ, senorío et propiadade et vós et auçõ e dereytura que nós ẽna dita herança avemos" 9.21 (1385); "et todo jur et señorío et posisõ et propiadade et voz et abçón et castón et dereito que eu et a dita mjña moller avemos et nos perteesçe en qualquer maneira ẽnas ditas herdades" 15.34 (1395); "que o posese et apoderase ẽno jur et posisõ da dita madade de casa" 23.26 (1406); "et poso et apoderou ẽno jur et posisõ da meadade da dita casa" 23.33 (1406); "posta em poder et posisõ do dito Garçía Vellasques" 24.45 (1407); "et o poño et encorporo em corporal posisõ da dita medade da dita casa" 24.76 (1407). Con esta grafía hai 19 ocorrencias vid. listado s.v. posisõ. Posisóm, "et todo jur et posisóm et proopiadade que nós tĩjñamos" 2.24 (1341). Proçyçõ, "Et todo jur et proçyçõ et propyadade da dita cassa de nós" 3.19 (1342). Posysõ, "et todo jur et señorío et posysõ et propyadade que eu ey ẽnas ditas herdades" 19.26 (1398). Con esta grafía hai 7 ocorrencias, vid. listado s.v. posysõ. Posysóm, "que me meta ẽno jur et posysóm das herdades et chantados et casas" 14.15 (1395); 18.26 (1397); 18.31 (1397). Posysón, "et todo jur et senorío et posysón et proopiadade et uoz et auçõ et questóm" 8.33 (1381); "et outorgo ẽ lugar de señorío et posysón corporal para que façades delo toda vosa voõtade" 49.23 (1459). As acepcións son as mesmas que as propostas para a grafía posisón. |