O vindeiro martes 2 de xuño temos unha nova sesión de Visita e café co investigador João Víctor Lima Ferreira Dutra, da Universidade Federal Fluminense (Brasil), que está a realizar a súa estadía no ILG baixo a supervisión de Henrique Monteagudo.
News
-
06/02/26
!
Visita e café con João Víctor Lima
-
05/29/26
!
Dolores Vilavedra, nova presidenta do Consello da Cultura Galega
Dolores Vilavedra, catedrática de Literatura Galega e investigadora do ILG, foi elixida o mércores 27 de maio nova presidenta do Consello da Cultura Galega polo pleno da institución en subtitución de Rosario Álvarez, que desempeñou o cargo ao longo destes oito últimos anos. Na actualidade, Vilavedra formaba parte do plenario do CCG en representación do noso centro e era vicepresidenta e coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación.
-
05/20/26
!
Artigo de Elisa Fernández Rei e Pedro Oliveira sobre a prosodia e entoación do mirandés
Elisa Fernández Rei acaba de publicar, xunto a Pedro Guedes de Oliveira, da Université Jean Moulin Lyon III, o artigo "Prosodic and intonational patterns in Mirandese: An instrumental analysis of a minority language in Portugal". O texto pode consultarse no volume 12(1) da publicación en liña Isogloss.




