Esta nova edición aborda cuestións como as prácticas lingüísticas nas redes sociais, a creación de contido en linguas minorizadas, o multilingüismo, os discursos de odio contra o galego nestes espazos ou as posibilidades que ofrecen como recurso para a investigación, a innovación docente e a transmisión lingüística. O simposio terá lugar na Facultade de Filoloxía da USC do 24 ao 26 de novembro de 2026 e a inscrición pode efectuarse ata o 20 de novembro.
News
-
11/24/26
!
Simposio ILG 2026. Lingua(s) e identidade(s) nas redes sociais: análise discursiva, oportunidade didáctica e revitalización lingüística
-
11/06/26
!
Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de vinculación ao ILG
Pódese consultar na Sede Electrónica da USC a relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ao chamamento para a vinculación de novo persoal ao ILG. Presentáronse dez solicitudes das que foron admitidas oito e excluídas, dúas.
-
10/30/26
!
Dolores Vilavedra edita o epistolario inédito de Alejandra Murguía para rescatar a súa figura e o legado de Rosalía
A Cátedra Rosalía de Castro da USC acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a vida e a obra de Rosalía. Este volume, editado pola investigadora do ILG Dolores Vilavedra e prologado por Xesús Alonso Montero, pódese descargar de balde na Libraría Dixital da USC.




