O ILG convoca para o ano 2026 dúas axudas para a realización de estadías no seu centro por parte de PDI visitante pertencente a calquera universidade ou institución de Educación Superior de fóra de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes esténdese desde o 25 de febreiro ata o 24 de marzo.
News
-
03/24/26
!
Convocatoria de dúas axudas para estadías no ILG
-
02/24/26
!
O Proxecto Nós participa no programa 'Modo Galego, actívao!'
O Proxecto Nós, desenvolto polo ILG e o CiTIUS da USC, sumouse á iniciativa Modo Galego, actívao!, un programa de inmersión lingüística promovido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames, que lle propón ao alumnado do Concello distintos retos diarios ou semanais ao longo de varios meses para fomentar o uso do galego.
-
01/27/26
!
A revista ELG renova o selo de calidade FECYT
A revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG) renova o selo de calidade da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), un recoñecemento que avala a excelencia editorial e científica das revistas académicas españolas.




