Conferencia sobre actitudes lingüísticas

Data: 
Wednesday, October 1, 2014 - 12:15
Imaxe: 

O xoves 2 de outubro ás 13:00 h, Iva Řihošková, investigadora visitante da Universidade Palacký en Olomouc (República Checa), realizou unha presentación sobre "Actitudes lingüísticas dos estudantes galegos en Ferrol, Lugo e Pontevedra". A exposición tivo lugar no seminario A do ILG.

A investigadora checa presentou a súa tese de doutoramento, que consiste nun estudo sociolingüístico de estudantes galegos, mediante o cal pretende establecer unha comparación entre os estudantes de bacharelato e os estudantes universitarios para comprobar se existe un cambio de actitude entre ambos. Para isto, Iva empregou unha mostra de 300 estudantes do espazo urbano, concretamente das cidades de Ferrol, Lugo e Pontevedra. O obxectivo principal da súa investigación é determinar as actitudes lingüísticas dos estudantes cara ao galego para dar a coñecer a consideración social da lingua.