Un proxecto do ILG acada a axuda da Fundación BBVA

Data: 
Friday, December 5, 2014 - 18:15
Imaxe: 

O investigador Xulio Sousa participa nun dos proxectos que acadaron axuda na primeira edición de Ayudas Fundación BBVA a Proyectos de Investigación en Humanidades digitales. O proxecto, coordinado pola investigadora do Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC, Pilar García Mouton, desenvólvese en colaboración con investigadores de universidades e centros de investigación de España, Portugal e Canadá.

Este proxecto está vinculado co proxecto de Edición e elaboración dos materiais galegos do ALPI (Atlas Lingüístico de la Península Ibérica) que, baixo a dirección do profesor Xulio Sousa e o financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, se desenvolve no ILG desde 2011. O proxecto xeral do que forma parte ten como obxectivo poñer á disposición da comunidade científica os materiais do ALPI, un proxecto de xeografía lingüística iniciado a comezos do século pasado e aínda inconcluso.