Xornadas Internacionais de Lexicografía
Data:
Wednesday, April 22, 2015 - 13:00
O mércores 22 de abril, Manuel González González, investigador do ILG, pronunciou unha conferencia titulada "O labor de TERMIGAL". A conferencia tivo lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña ás 13:00 h. Esta comunicación insírese dentro das Xornadas Internacionais de Lexicografía, organizadas pola Rede de Lexicografía (RELEX) e o Proxecto PORTLEX.