ELG, sétima no Journal Rankings de SCImago

Data: 
Wednesday, September 30, 2015 - 13:30
Imaxe: 

A revista do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC Estudos de Lingüística Galega (ELG) ocupa o sétimo lugar no Journal Rankings de SCImago (Scopus) correspondente ao ano 2014 entre as revistas de linguas e lingüística publicadas en España, así como o primeiro entre as publicadas en Galicia, Portugal e Brasil. Scopus é unha das bases de datos bibliográficas de resumos e citas de artigos de revistas científicas máis prestixiosas no ámbito académico.

Esta posición acada maior relevancia se a comparamos co ano anterior, 2013, en que ELG se situaba no posto 21 a nivel nacional nesta mesma categoría e no terceiro entre as publicacións galegas, portuguesas e brasileiras. Estes datos converten a revista do ILG na publicación que máis posicións ascendeu nesta clasificación nos dous últimos anos. Sitúase, ademais, na segunda posición entre as revistas editadas polas universidades galegas en calquera área temática e na primeira entre as publicadas pola USC.