O catedrático Xosé Luís Regueira, novo director do ILG

Data: 
Monday, June 25, 2018 - 17:00
Imaxe: 

A xunta de goberno do Instituto da Lingua Galega nomeou o profesor Xosé Luís Regueira director do ILG logo de que fora proposto por unanimidade como candidato nunha reunión do Consello Científico. 

Xosé Luís Regueira é catedrático da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Licenciouse en Filoloxía Románica na USC en 1982 e obtivo o título de doutor na mesma universidade sete anos despois. Forma parte do ILG desde 1981, onde foi o seu secretario entre 1996 e 2005. Os seus intereses investigadores céntranse na fonética e na variación da lingua oral, e actualmente é investigador principal do proxecto Cambio lingüístico no galego actual.Dende a súa aparición en 1990 é coordinador da revista Cadernos de Lingua que edita a Real Academia Galega, á que pertence como membro numerario dende 2012.