Convocatoria de contratación de persoal

Data: 
Wednesday, February 16, 2022 - 14:00
O Instituto da Lingua Galega convoca un contrato de investigación de seis meses de duración a tempo parcial (75%) dentro do marco do proxecto Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística. O traballo a realizar consistirá na gravación e transcrición de materiais para a análise lingüística e discursiva.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de febreiro ás 23:59 h.