Xornada de presentación do Proxecto Nós

Data: 
Tuesday, May 24, 2022 - 13:15
Imaxe: 

Onte tivo lugar no edificio Fontán da Cidade da Cultura a xornada de presentación do Proxecto Nós: o galego na sociedade e economía da intelixencia artificial, liderado pola Xunta de Galicia e cuxa execución foi encomendada á Universidade de Santiago de Compostela a través do ILG e do CiTIUS. Nesta xornada participaron Elisa Fernández Rei, Manuel González González, Carmen Magariños Iglesias, Xosé Luís Regueira Fernández e Adina Vladu, membros do ILG que integran o proxecto.

Nós permitirá xerar os recursos dixitais e lingüísticos necesarios para facilitar o desenvolvemento de aplicacións baseadas en ambas as disciplinas, tales como: asistentes de voz, tradutores automáticos e axentes conversacionais en lingua galega. Ademais, promoverá a presenza dixital do galego facilitando a creación dunha ampla variedade de ferramentas e recursos libres de alta calidade, que estarán á disposición de calquera institución, organización ou empresa que queira desenvolver un produto tecnolóxico, aplicación ou servizo que incorpore o galego.

Descargas: