Investigadores do ILG no "Congresso Internacional Mundos en Mudança"
Data:
Wednesday, July 27, 2022 - 16:45
Imaxe:

Eva María Domínguez Noya, María Sol López Martínez, Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira participaron no "Congresso Internacional Mundos en Mudança", que tivo lugar na Universidade de Aveiro entre o 20 e o 22 de xullo. Xosé Luís Regueira foi o encargado de pronunciar a conferencia de clausura co título "Ideoloxías lingüísticas e redes sociais en galego: estandarización, debates e usos lingüísticos nunha lingua minorizada no contexto da globalización".
Ligazóns: