Páxina web do proxecto "Toponomasticon Hispaniae"

Data: 
Thursday, August 4, 2022 - 13:15
Imaxe: 

Xa pode consultarse a páxina web do proxecto Toponomasticon Hispaniae, que ten como obxectivo o estudo e divulgación dun corpus seleccionado de nomes de lugar de todo o territorio español e portugués e, asemade, o establecemento de bases metodolóxicas firmes para o estudo da toponimia. Está composto por seis subproxectos, coordinados pola investigadora do ILG Ana Isabel Boullón Agrelo e radicados en diferentes universidades españolas, que reúnen máis de 60 integrantes.

 

Imaxe:
Mapa indicador da división xudicial de España e Portugal e das illas adxacentes
Tomas Monteverde (1884), Biblioteca do Instituto Geográfico Nacional, CC BY 4.0 ign.es