Congreso "Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio"
Data:
Wednesday, September 21, 2022 - 09:30
Imaxe:
A Real Academia Galega organiza, coa colaboración do ILG e da Asociación Galega de Onomástica, o congreso internacional de toponimia Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio, en que o camiño de Santiago será o fío condutor dos diferentes relatorios. O evento terá lugar entre o 21 e o 23 de setembro de 2022 na Facultade de Filoloxía da USC e a matrícula é gratuíta.
O comité organizador está conformado por Ana Boullón, investigadora do ILG, Luz Méndez, colaboradora do ILG, e Andrea Santiso Arias.
Ligazóns: