Pablo García Martínez no seminario "Memorias literarias e culturais"
Data:
Thursday, October 6, 2022 - 11:00
Imaxe:
O investigador do ILG Pablo García Martínez participará o vindeiro 6 de outubro no seminario de investigación Memorias literarias e culturais: perspectivas ibéricas e diálogos transatlánticos, organizado polo grupo ILLA da Universidade da Coruña.
As sesións terán lugar na Sala Carvalho Calero da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña e desenvolveranse segundo o seguinte programa:
11.00 h - Benvida e presentación
11:15 h - Pablo García Martínez (ILG, Universidade de Santiago de Compostela)
"A memoria do futuro, defensa contra o desaloxo da historia nun exiliado antifascista: Luís Seoane nos anos cincuenta"
13:00 h - Luis Bautista Boned (Universitat de València)
"Memory Novels LAB: Laboratorio Dixital de Novelas sobre Memoria Histórica Española"
16.30 h - Mariela Sánchez (Universidad Nacional de La Plata / CONICET)
"Estivemos contando: migración, mulleres e memoria en narrativas recentes vencelladas a desprazamentos desde Galicia a Arxentina no século XX"
18:00 h - Cristina Somolinos Molina (Universidad de Alcalá / Nova de Lisboa)
"Narrativas testemuñais e loita clandestina das mulleres nas ditaduras ibéricas"