Convocatoria de dous contratos no Proxecto Nós

Data: 
Wednesday, October 19, 2022 - 19:45
O día 18 de outubro foi publicada a convocatoria pública 07/2022 en que se ofertan dous postos de traballo vinculados ao Proxecto Nós, desenvolto polo CiTIUS e o ILG. O prazo de presentación das solicitudes remata o 25 de outubro ás 23:59 h.
 
Descrición das prazas:
  1. Código da praza: 2021-CP080 
    Categoría laboral: Investigador/a colaborador/a 
    Funcións: Desenvolvemento de sistemas de síntese de voz e de recoñecemento da fala, colaboración na elaboración de memorias técnicas e deseño de experimentos e métricas de avaliación
    Titulación requirida: Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións 
    Institución: Instituto da Lingua Galega (ILG) 
  1. Código da praza: 2021-CP081 
    Categoría laboral: Investigador/a asociado/a 
    Funcións: Coordinación de subproxectos nas áreas de procesamento da lingua (texto), redacción de memorias técnicas e supervisión de tarefas relacionadas co desenvolvemento e avaliación de ferramentas de tecnoloxía lingüística
    Titulación requirida: Doutoramento en intelixencia artificial, tecnoloxías lingüísticas ou aprendizaxe de máquina 
    Institución: Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS)