Novo artigo de Henrique Monteagudo

Data: 
Thursday, May 4, 2023 - 16:15

O investigador do ILG Henrique Monteagudo é coautor xunto a Joan Costa Carreras, da Universitat Pompeu Fabra, e Miren Azkarate, da Universidade do País Vasco, do artigo "Estandarología comparada entre lenguas de España: el concepto de estándar en la normativización lingüística académica”. Este traballo, publicado en Perspectives en linguistique et philologie romanes (I et II), ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento da subdisciplina da estandaroloxía comparada, entendendo por tal o estudo comparado dos procesos e fundamentos sociohistóricos, culturais e ideolóxicos polos que unha determinada variedade, que se consagra como ‘lingua estándar’, se impón ao resto do continuo dialectal e se establece como norma superordinada.