Curso de MAXQDA

Data inicio: 
Thursday, July 20, 2023 - 10:00
Poster: 
Descrición: 
Neste curso, impartido pola profesora Marta Estévez Grossi, integrante do grupo de investigación MetalingüisTICa da USC, exploraranse as potencialidades do sofware MAXQDA, un dos programas máis recoñecidos e utilizados a nivel mundial, así como as súas aplicacións prácticas para investigacións na área da lingüística aplicada (análise do discurso, análise do contido etc.). Esta ferramenta permite importar e analizar un amplo abano de tipos de datos, incluíndo transcricións, arquivos de audio e vídeo, texto, imaxes, arquivos en formato pdf, páxinas web, follas de cálculo, datos de redes sociais... Alén diso, MAXQDA tamén contén funcionalidades que permiten realizar estudos de corte máis cuantitativo e mixto, ampliando as posibilidades na análise cualitativa de datos.
 
O seminario constará de dúas partes. Na primeira delas, levarase a cabo un enfoque máis teórico e expositivo, onde se presentarán e explorarán diversas funcionalidades básicas do programa. Na segunda, terán lugar as sesións prácticas, onde se poderán aplicar directamente as técnicas e ferramentas do MAXQDA aos datos das persoas asistentes, ao tempo que se recibe asesoramento e se resolven as dúbidas de xeito interactivo. Deste xeito, preténdese que o seminario proporcione tanto unha base teórica sólida coma a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos na práctica, coa posibilidade de traballar con datos propios.
 
Organización: Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela
Financiamento: Ministerio de Cultura y Deporte; Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia