Premio no PROPOR 2024

Data: 
Monday, April 8, 2024 - 17:00
Imaxe: 

As investigadores e investigadores do Proxecto Nós Carmen Magariños, Alp Öktem, Antonio Moscoso Sánchez, Marta Vázquez Abuín, Noelia García Díaz, Adina Ioana Vladu, Elisa Fernández Rei e María Baqueiro Vidal recibiron o premio á mellor demostración na 16th International Conference on Computational Processing of Portuguese (PROPOR 2024) con "Nós-TTS: a Web User Interface for Galician Text-to-Speech".

Se aínda non probastes a demo, resultado do traballo realizado neste proxecto do Instituto da Lingua Galega e do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS), podedes facelo en https://tts.nos.gal/