News

  • Destacado

    IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico

    10/03/24

    Encóntrase aberto ata o 30 de xuño o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro de 2024 na Facultade de Filoloxía da USC.

  • Destacado

    Conferencia de Luke Bishop no ILG

    05/30/24

    O investigador visitante no ILG Luke Bishop, da University of Texas, ofrecerá a conferencia "Na miña variedade, sen dúbida": identidades diversas dos neofalantes na provincia de Ourense o xoves 30 de maio, ás 13 h, na nosa sala de divulgación.

  • Destacado

    Membros do ILG organizan tres cursos da Universidade de Verán da USC

    05/22/24

    Desde o 15 de maio encóntrase aberto o prazo para inscribirse nos cursos ofertados pola Escola de Verán da Universidade de Santiago de Compostela (USC), entre os que se encontran tres dirixidos por membros do ILG.

  • Destacado

    Visita de alumnado do IES Xermán Ancochea da Pobra de Trives

    05/22/24

    O 16 de maio tivemos o pracer de recibir a visita do alumnado de 1.º de BAC do IES Xermán Ancochea Quevedo da Pobra de Trives, que realizou unha xincana que lles permitiu coñecer distintos proxectos do noso centro. Ademais, puideron conversar con Antón Santamarina.

  • Destacado

    Artigo de Telmo Móia na revista ELG

    05/15/24

    Telmo Móia publica un novo artigo na revista do ILG Estudos de Lingüística Galega, publicada polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. O quantificador ambos como foco de variação no português contemporâneo é o artigo co que o profesor da Universidade de Lisboa inaugura o número 16 desta revista de publicación continua.

  • III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

    11/08/24

    Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Serán por tanto aceptados traballos que traten calquera aspecto relacionado con esta área de investigación, se ben serán moi benvidos traballos que aborden en particular algunha das seguintes liñas temáticas:

  • Curso de verán. Arquivos, museos, lugares e xente: fontes para a ensinanza en humanidades

    07/15/24

    Este curso de verán, destinado ao estudantado de grao e posgrao da Universidade de Santiago de Compostela, así como ao profesorado de ensino medio, procura a posta en valor de arquivos non canónicos (pensados nun senso amplo

  • Curso de verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos

    07/15/24

    Do 15 de maio ao 5 de xullo encóntrase aberto o prazo de matrícula para participar no Curso de Verán da USC Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos. Este curso proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais.

  • Curso de verán. A lingua galega no século XXI: desafíos e fronteiras

    07/08/24

    Neste curso preténdense analizar algúns dos desafíos máis relevantes que debe enfrontar a lingua galega na actualidade e no futuro próximo, como a transmisión interxeracional, o perigo da extinción dixital e a situación creada pola presenza de poboacións migrantes con diferentes linguas e culturas.

  • II Congreso Internacional de Aplicacións da Lingüística de Corpus na Didáctica das Linguas

    05/13/24

    Esta segunda edición reúne de novo lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas. A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja ofrecerá a conferencia inaugural "Aplicacións didácticas dos corpus de lingua galega".

Pages