News
-
O Instituto da Lingua Galega da USC compila o galego oral nun corpus con dúas mil horas de gravacións
05/27/11Dúas mil horas de gravacións a 7.000 informantes da práctica totalidade dos 315 concellos galegos e de boa parte dos 38 das comarcas de fala e cultura galegas de Asturias, León e Zamora e de tres lugares de Cáceres conforman o Arquivo do Galego Oral(AGO) do Instituto da Lingua Galega (Ilg) da USC que se presentou este ven -
Corenta anos dedicados ao estudo e promoción do galego
05/21/11Son corenta os anos que o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago leva dedicados ao estudo e promoción do galego. Numerosos proxectos, publicacións e iniciativas, algunhas delas decisivas, dan conta do traballo iniciado a comezos dos anos 70 por un grupo de investigadores liderado polo catedrático de Filoloxía Románica Constantino García. -
A ‘Cartografía dos apelidos’ permite coñecer a frecuencia e distribución dos nomes en Galicia
04/29/11Saber o número de persoas que levan un apelido nun determinado concello galego ou como se distribúe un patronímico ao longo do territorio. -
40º aniversario da fundación do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela
03/21/11Nesta primavera de 2011 conmemoramos o 40º aniversario da fundación do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.
-
O ILG traballará na realización do Dicionario de Apelidos Galegos e na redacción dunha gramática descritiva do galego actual
01/24/11O ILG acometerá nos vindeiros anos a realización do Dicionario de Apelidos Galegos e a redacción dunha gramática descritiva do galego actual. Trátase de dous proxectos que o ILG acometerá a través de senllos convenios que o reitor da USC, Juan Casares, asinou este luns 24 co presidente da Real Academia Galega, Xosé L.
-
Simposio ILG 2010 Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias
11/02/10A lingüística contemporánea partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é a de monolingüismo, tanto no plano social coma no plano individual, presuposto ao que vai asociada a noción de que cada lingua constitúe un sistema pechado, autocontido e autosuficiente, que evolúe segundo unha lóxica interna.
-
O seminario do ILG 'Perspectivas sobre oralidade' analiza estes martes aspectos relacionados coa adquisición da lingua e coa expresión oral
06/17/10‘Adquisición da lingua’ será o relatorio que inicie este martes 30 unha nova sesión do seminario que o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) dedica este ano a ‘Perspectivas sobre oralidade’. Impartido polo profesor da USC Miguel Pérez Pereira a intervención desenvolverase a partir das 17:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
-
O ILG e o Consello da Cultura Galega presentaron a publicación Lingua e territorio
06/17/10O Instituto de Lingua Galega (ILG) da USC e o Consello de Cultura Galega presentaron este mércores, día 14, a publicación Lingua e territorio, dedicada ao fundador e ex director do Instituto, o profesor da USC Constantino García González.
-
Unha investigadora do ILG da USC colabora no desenvolvemento de ferramentas de recoñecemento de voz para a lingua italiana
06/10/10A profesora e investigadora do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, Elisa Fernández Rei, está a colaborar coa empresa de consultaría lingüística Loquendo (http://www.loquendo.com/it/index.htm) na elaboración dun transcritor fonético automático e doutras ferramentas para o procesamento de
-
A USC e Política Lingüística renovan a súa colaboración para dar continuidade ao labor investigador do ILG
06/06/10A USC e a secretaría xeral de Política Lingüística acaban de dar continuidade ao convenio de colaboración que, de xeito ininterrompido dende o ano 1994, apoia o labor investigador desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega da institución académica compostelá (ILG).