News

  • Aberto o prazo de envío de propostas para participar no VIII CIDS

    11/15/25

    VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística (CIDS 2026), organizado polo ILG en parcería co Projeto do Atlas Linguístico do Brasil, vai ter lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de xullo de 2026. O prazo de envío de propostas encóntrase aberto ata o 15 de novembro de 2025.

  • Faladoiro “Mulleres e rurais na Galiza (1936-1982): algunhas cuestións para a reflexión”

    11/11/25
    O vindeiro martes 11 de novembro, ás 11:30 h, vai ter lugar no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) o faladoiro “Mulleres e rurais na Galiza (1936-1982): algunhas cuestións para a reflexión”, impartido por 
  • Presentación do libro 'Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística'

    11/03/25

    O 3 de novembro, ás 13 h, vai ter lugar na Facultade de Filoloxía a presentación do libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, editado polos membros do ILG Elisa Fernández Rei, Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso e publicado polo Consello da Cultura Galega (CCG). No acto acompañarán os editores do libro Dolores Vilavedra, en representación do CCG, e algúns dos autores e autoras que participan no volume. 

  • Xulio Sousa, novo catedrático de Filoloxía Galega

    10/30/25
    O investigador do Instituto da Lingua Galega Xulio Sousa é desde o pasado 27 de outubro catedrático do Departamento de Filoloxía Galega da USC. Sousa defendeu o seu currículo e o seu proxecto diante dun tribunal conformado por Andrés Enrique Arias (UIB), Ana Isabel Boullón Agrelo (USC), Inés Fernández Ordóñez (UAM), Henrique Monteagudo (USC) e Fernando Ramallo (UVigo).
  • Curso de Xestión do Tempo

    10/28/25

    O 28 e 29 de outubro vai ter lugar no noso centro un curso de xestión do tempo de 5 horas de duración dirixido a todo o persoal do Instituto da Lingua Galega e ao alumnado de doutoramento.

  • XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social

    10/23/25

    Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.

  • Ernesto González Seoane, novo membro de número da RAG

    10/20/25

    O investigador do Instituto da Lingua Galega Ernesto González Seoane foi elixido novo membro de número da Real Academia Galega (RAG), institución da que é membro correspondente desde o ano 2004 e forma parte do seu Seminario de Gramática.

  • Conferencia de Eva María Domínguez Noya sobre o CORGA

    10/15/25

    A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya vai ofrecer a conferencia "Aproximación á anotación automática do CORGA: o sistema XIADA" no marco da materia Lingüística de corpus do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada este mércores 15 na Facultade de Filoloxía da USC.

  • Curso formativo sobre o sistema LATEX no ILG

    10/07/25

    O 7 e 8 de outubro tivo lugar na sala de divulgación do noso centro o curso introdutorio ao sistema de composición de textos LATEX, impartido polo investigador do ILG Vítor Míguez.

  • Visita e café con Celineide dos Santos

    10/07/25

    martes 7 de outubro, ás 11 h, imos ter un novo encontro de Visita e café con Celineide Camões dos Santos, da Universidade Estadual de Feira de Santana, quen nos falará do proxecto que vai desenvolver durante a súa estadía no ILG.

Pages