Encóntrase aberto ata o 13 de novembro o prazo de inscrición para participar no Simposio ILG 2025, en que se reflexionará sobre o presente e o futuro da lingua galega na era dixital. Este evento terá lugar do 18 ao 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC.
News
-
Destacado
Simposio ILG 2025. A intelixencia artificial e a lingua galega: oportunidades e riscos
11/18/25 -
Destacado
XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social
10/23/25Encóntrase aberto ata o 22 de outubro o prazo de inscrición na XXI Xornada Científica REALITER. Terminoloxía e cambio social, que vai ter lugar o 23 e 24 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. Nesta edición presentaranse comunicacións sobre a repercusión que ten o cambio social tanto no desenvolvemento do traballo terminolóxico coma no propio produto e na súa difusión.
-
Destacado
Conferencia de Eva María Domínguez Noya sobre o CORGA
10/15/25A investigadora do ILG Eva María Domínguez Noya vai ofrecer a conferencia "Aproximación á anotación automática do CORGA: o sistema XIADA" no marco da materia Lingüística de corpus do Máster Interuniversitario en Lingüística Aplicada este mércores 15 na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Destacado
A revista ELG publica un artigo sobre as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega
09/17/25Estela Fidalgo Garra e Miguel Guisantes Alonso, membros do ILG, asinan o artigo "Reflexións da mocidade galega universitaria ante a dominación lingüística" na revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega. Este estudo explora as ideoloxías lingüísticas da mocidade galega fronte á crecente hexemonía do inglés.
-
Destacado
Nova versión do corpus de textos parlamentarios Parlamint con importantes melloras
09/08/25Acaba de facerse pública a versión 5.0 do corpus ParlaMint, na que o ILG e o Proxecto Nós participan coa compilación e anotación dos datos do Parlamento galego (ParlaMint-ES-GA). Esta nova versión permite a anotación automática por temas e a anotación automática dos sentimentos nas intervencións.
-
Destacado
Sae do prelo o volume VIII do Atlas Lingüístico Galego con 3700 variantes léxicas
07/31/25O ILG vén de publicar, en colaboración coa Fundación Barrié e a Editora USC, o Atlas Lingüístico Galego VIII. Léxico. O ser humano (III). Neste oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) recóllense case 3.700 variantes léxicas para os preto de trescentos conceptos estudados.
-
Destacado
A diversidade dialectal do galego terá presenza no ecosistema dixital
07/22/25O Instituto da Lingua Galega, a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do primeiro conxunto de preguntas dispoñibles para a recollida de fala espontánea en galego na plataforma colaborativa Common Voice.
-
Congreso polo 50.º aniversario da Facultade de Filoloxía
11/26/25A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Congreso Internacional Unha Filoloxía para o Século XXI. Pasado, Presente e Futuro. Linguas, Literaturas e Culturas, que terá lugar nas súas instalacións do 26 ao 28 de novembro de 2025, co gallo do 50.º aniversario da súa fundación. O prazo para o envío de propostas encóntrase aberto ata o 20 de xullo.
-
Aberto o prazo de envío de propostas para participar no VIII CIDS
11/15/25O VIII Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística (CIDS 2026), organizado polo ILG en parcería co Projeto do Atlas Linguístico do Brasil, vai ter lugar en Santiago de Compostela do 13 ao 16 de xullo de 2026. O prazo de envío de propostas encóntrase aberto ata o 15 de novembro de 2025.
-
Presentación do volume monográfico 'New Developments in Galician Linguistics'
09/18/25Os membros do ILG Elisa Fernández Rei e Xosé Luís Regueira presentan na Facultade de Filoloxía da USC o xoves 18 de setembro, ás 12 h, o número especial da revista en liña Languages baixo o título New Developments in Galician Linguistics.