Encóntrase aberto ata o 15 de xuño o prazo de envío de propostas para o II Congreso Toponomasticon Hispaniae. Claves en la investigación toponímica, que terá lugar en Miraflores de la Sierra e Alcalá de Henares (Madrid) entre os días 2 e 4 de outubro de 2023.
News
-   
          II Congreso Toponomasticon Hispaniae06/15/23
-   
          O galego ante o desafío da sociedade multilingüe06/08/23A investigadora do ILG Dolores Vilavedra coordina a xornada O galego ante o desafío da sociedade multilingüe, que terá lugar o 8 de xuño no Consello da Cultura Galega. 
-   
          O proxecto Nós dá a coñecer os seus tres primeiros prototipos06/06/23As tres primeiras ferramentas dispoñibles do proxecto Nós, desenvolto polo ILG e o CiTIUS da USC, foron presentadas onte na Cidade da Cultura. Estes prototipos posibilitarán a interacción en galego entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos. 
-   
          Elisa Fernández Rei, nova directora do ILG06/03/23O pasado 30 de maio Elisa Fernández Rei foi nomeada nova directora do ILG. Estará acompañada na secretaría por María Álvarez de la Granja, quen xa desempeñou o cargo de secretaria durante a dirección de Xosé Luís Regueira. 
-   
          Persoas premiadas no test perceptivo06/02/23O día 1 de xuño, ás 16 h, tivo lugar no ILG o sorteo de dúas tarxetas regalo entre as persoas participantes no test perceptivo realizado por Alba Aguete Cajiao e Elisa Fernández Rei. As gañadoras son mariabe e rhernandezarias. 
-   
          Presentación do libro de Pablo García Martínez06/01/23Pablo García Martínez presenta o 1 de xuño o seu libro Alguén virá... Romanticismo, memoria e revolución na literatura de Luis Seoane, editado por Laiovento. O acto terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, ás 19:30 h. 
-   
          Participa nun test perceptivo05/31/23Saberías dicir se unha persoa é falante nativa escoitándolle só unha frase? A túa participación neste test perceptivo ata o día 31 de maio pode ter premio. 
-   
          Dous contratos de investigación no ILG05/24/23Na Convocatoria Pública Ordinaria 5/2023 convócanse dous contratos a tempo parcial para traballar no ILG durante seis meses. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 24 de maio ás 23:59 h. 
-   
          Libro sobre a lingua de Viana do Bolo05/12/23A colaboradora do ILG Concepción Álvarez Pousa acaba de dar ao prelo o libro A lingua de Viana do Bolo. Descrición e textos, onde nos achega ás características lingüísticas deste concello ourensán. 
-   
          Visita de alumnado do IES Castelao05/09/23O día 20 de abril visitou o ILG o alumnado de 3.º da ESO do IES Castelao de Vigo para coñecer a nosa historia e algúns dos proxectos que se están a desenvolver no centro. 
 
							 
							 
							 
							 
							 
                  









