Que lingua é?
Serías quen de distinguir que lingua é escoitando só a súa melodía? Pon a proba o teu oído e responde este test: escoitarás unha secuencia de tons que representan a melodía dunha frase e terás que responder de que lingua se trata (galego, italiano, español ou portugués). Distinguiremos mellor as linguas máis próximas ou as máis afastadas? Terán mellor oído boomers ou centennials? Hai moitas preguntas… axúdanos a respondelas!
Para participares, preme na ligazón do experimento, inicia sesión en FOLERPA (ou rexístrate se é a primeira vez que entras) e responde o test.
Elisa Fernández Rei. 2026. Que lingua é?. En Fernández Rei, Elisa (coords.), Lingua viva. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. ilg.usc.gal/linguaviva [Consultado o 06/04/2026 ás 10:26].
Inicia sesión para deixar un comentario.