Elisa Fernández Rei
Que lingua é?
Serías quen de distinguir que lingua é escoitando só a súa melodía? Pon a proba o teu oído e responde este test: escoitarás unha secuencia de tons que...
Pon a orella!
Con Pon a orella! podes converterte en xuíz ou xuíza de experimentos de fonética perceptiva, axudando a entender como escoitamos e interpretamos os sons da fala. Os experimentos perceptivos son actividades nas que tes que escoitar fragmentos de voz e responder preguntas sinxelas: por exemplo, distinguir entre dous sons parecidos ou indicar que palabra cres que se dixo.
Para participar, preme na ligazón do experimento, inicia sesión en FOLERPA (ou rexístrate se é a primeira vez que entras) e responde o test. Non hai respostas boas nin malas: o importante é o teu punto de vista.
Lembra que sempre que teñas iniciada a sesión en Lingua Viva poderás suxerir experimentos ou temas de investigación a través deste formulario.