Tes a palabra!

Tes a palabra! permíteche crear dicionarios, participar nalgúns dos que xa están creados ou facer comentarios sobre as obras ou as entradas xa publicadas. Para iso, simplemente tes que rexistrarte en Lingua Viva e iniciar sesión. Os dicionarios poden ser de tres tipos: individuais, colaborativos e públicos. Nos individuais, só a persoa que creou o dicionario pode engadir e modificar entradas. Nos colaborativos, pode traballar un grupo de persoas (por exemplo, o alumnado dunha clase) a través dun contrasinal compartido. Nos públicos, todas as persoas rexistradas en Lingua Viva poden engadir entradas ou modificar as creadas por elas mesmas. 

Para crear unha obra, preme en “Crear dicionario” e vai enchendo os campos que che solicita a aplicación (só os que teñen asterisco son obrigatorios). Preme en "Amosar axuda" para ver unhas breves indicacións que te irán guiando. Unha vez creado o dicionario, para engadir entradas tes que premer en “Nova entrada” e ir enchendo os campos. Se así o desexas, podes facer unha versión en inglés, pero non é preciso. E se tes calquera dúbida ou suxestión, envíanola a través deste formulario.

Tes a palabra!