Ata hai pouco tempo, este era o cartel que indicaba a aldea do Sisto, na parroquia de Ribasar, concello de Rois:
A orixe do topónimo, que conta con máis de cen ocorrencias ao largo do país, nada ten que ver co antropónimo latino Sextus ou Sixtus, como se veu pensando, senón que procede moi problemente do latín sistere ‘colocar, establecer’. A forma tradicional do topónimo, coherente con esta hipótese etimolóxica, é O Sisto e así se recolle no Nomenclátor de Galicia, que determina os nomes oficiais das entidades de poboación galegas.
Contra a rotulación incorrecta do nome da aldea, a Asociación de Veciños de Ribasar presentou unha queixa ante a Xunta e o cartel vén de ser trocado por estoutro:
Parabéns aos veciños do Sisto por poñeren en valor os nomes de noso!