En novembro do pasado ano 2014, a RAG facía público un comunicado no que lle solicitaba ao Congreso dos Deputados a inclusión da toponimia tradicional como “Concepto de patrimonio cultural inmaterial” na Lei para a salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial.
A devandita lei, publicada no BOE do 17 de maio de 2015, recolle a recomendación da Academia: “Tradicións e expresións orais, incluídas as modalidades e particularidades lingüísticas como vehículo do patrimonio cultural inmaterial; así como a toponimia tradicional como ferramenta para a concreción da denominación xeográfica dos territorios”.
A AGOn congratúlase por esta nova, que supón un paso substancial cara á protección e salvargarda da toponimia de noso.
Máis información no seguinte enlace