A Valedora do Pobo remitiulle á AGOn resposta sobre a queixa de esta Asociación en relación co uso que o Presidente do Goberno español fai de formas castelanizadas da toponimia galega.
A responsable da institución comunícanos que non se admite a trámite a protesta porque, por un lado, non é ambito da súa competencia e cita literalmente a Lei que a regula: “[a institución do Valedor do Pobo] poderá supervisar a actividade da Administración da Comunidade Autónoma galega e a dos seus entes…, así como a da Administración local naquelas materias que son competencia da nosa Comunidade” e por outro porque a demanda que formulamos “non vai precedida da actuación dun ente administrativo de carácter público”, e que a institución do Valedor do Pobo “non ten competencias para supervisar actos ou decisións de natureza privada, nin siquera, como ocorre neste caso, cando eses actos ou manifestacións cadan unha grande difusión” (é textual).
Tamén engade: “Compartimos o seu criterio de que todos os cargos, administracións e institucións públicas teñen unha obriga fundamental de respecto ao ordenamento xurídico. Tamén, como é evidente, a forma oficial dos topónimos das entidades de poboación, ao abeiro da normativa vixente que vsotede invoca no seu escrito.”
Finalmente, suxire que nos dirixamos ó Gabinete da Presidencia para trasladármoslles esas consideracións, como así faremos.
Valoramos positivamente que a Valedora comparta o noso criterio, aínda que neste caso non tivese resultado.