Baltar é o nome dun lugar da parroquia de Ribeira, no concello da Estrada. É un topónimo de posesor, procedente dunha antiga (VILLA) BALTARII, que indica a existencia no lugar dun establecemento agrícola dun propietario chamado Baltarius, antropónimo de orixe xermánica, documentado na Idade Media. Deste nome proveñen os topónimos Baltar espallados polo territorio galego.
Para saber máis deste e doutros topónimos do concello da Estrada, pódese consultar o libro Toponimia da Estrada, escrito por Fernando Cabeza Quiles e publicado na colección Terra Nomeada pola Asociación Galega de Onomástica e a Real academia Galega. A descarga é gratuíta na páxina da RAG.