As Tanxugueiras van ser candidatas a Eurovisión e aspiran a levar polo mundo a súa “Terra” e a súa lingua, que son as nosas. Pero tamén axudarán a divulgar a toponimia galega co seu nome, que se nos explica neste “Allos con bugallos” do Portal das Palabras.
Ademais de moitos microtopónimos Teixugueiras ou que conteñen a palabra, en Galicia hai tres localidades chamadas A Teixugueira (en Cartelle, Salvaterra de Miño e Tui), dúas As Teixugueiras (Cartelle e Moraña) e tamén un lugar chamado Xinzo das Teixugueiras (Cartelle).
[Imaxe tomada da Wikipedia]