A finais de 2011, detectouse que as denominacións de moitas das rúas de Cataluña en Google Maps aparecían traducidas ao castelán e deturpadas. Uns poucos días despois, a presión dos usuarios da rede e as reclamacións do goberno da Generalitat conseguiron que o erro quedase corrixido e explicado.
No caso da toponimia galega, é moi habitual encontrarmos en Google Maps erros variados tanto de localización coma de nomenclatura. Os topónimos galegos, que botaron séculos ameazados e que paseniñamente se foron recuperando grazas a que se mantiveron puros na memoria oral dos falantes, seguen estando en perigo.
Sería bo que tamén o goberno galego mirase pola nosa toponimia.
1. Pingback by A toponimia en Google | Toponimia de Vigo
7/Dec/2012 at 13:34
[…] entón, as primeiras queixas, a presión das persoas usuarias na rede, os artigos (como o da Asociación Galega de Onomástica)… que culminan agora, sete anos despois, cunha boa […]