Para todos aqueles interesados na Toponimia e na Historia, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de de Vigo leva dende setembro escribindo o blog Toponimia de Vigo. O blog mantéñeno o propio SNL do concello e as persoas que están recollendo a microtoponimia da zona pero tamén recibiron a colaboración doutros expertos. Ademais están abertos ás achegas de quen queira participar.
Organizadas por parroquias, nas entradas desta bitácorapodemos encontrar, máis alá da toponimia local, información sobre moitos aspectos das ciencias onomásticas e tamén anécdotas e noticias relacionadas. O blog dispón tamén da súa propia canle de youtube con vídeos explicativos dun bo número de topónimos.
Desde a AGOn celebramos todas as iniciativas encamiñadas a estudar e divulgar a nosa onomástica e dámoslles os parabéns os autores e colaboradores de Toponimia de Vigo.