O próximo día 11 de decembro, ás 20:00 h. na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, a socia da AGOn Xulia Marqués presenta dúas interesantes propostas educativas para traballar coa onomásticas na educación primaria: Enredando nos antropónimos (libro do alumnado + CD para o mestre) e Antroponimizando. Proposta dixital educativa para traballar cos nomes e apelidos.
A autora, que está acompañada nesta presentación por Ana Boullón, membro tamén da Asociación Galega de Onomástica, quere convidar a a todos os interesados na onomástica.
Xulia Marqués é unha das máis destacadas especialistas en didáctica da onomástica e entre as súas obras figuran tamén Enredando nos topónimos con Rodari e Guía para unha intervención toponímica desde a escola.