Un estudo publicado recentemente na revista Social Psychological and Personality Science, da Stanford University de California conclúe que un nome de pía mal elixido pode chegar a condicionar negativamente a vida da persoa que o leva e que os nomes que máis triunfan son aqueles propios da cultura tradicional de cada quen. A revista só se pode consultar por suscrición pero pódese saber algo máis do contido do artigo aquí.
Unha das autoras deste estudo, Wiebke Neberich, xa concluíra nun traballo que realizou para a páxina de relacións eDarling que os nomes tamén poden chegar a determinar a facilidade ou dificultade dunha persoa á hora de encontrar parella e que os que menos éxito teñen son os nomes de orixe anglosaxoa.