O proxecto Toponimia de Galicia e Portugal, coordinado co Toponomasticon Hispaniae, acaba de facer públicos na súa páxina web, entre outros, os seguintes topónimos:
Antas de Ulla, Barreiros, Barro, Cedeira, Lourenzá, Moeche, Pedrafrita do Cebreiro, Sanxenxo, Triacastela, Val do Dubra, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo.
Neles ofrécese información sobre a etimoloxía e moito máis: aspectos históricos, cartográficos, demográficos, xentilicios, apelidos a que deron lugar…