Consideramos que a onomástica, isto é, o estudo dos nomes de persoas e de lugar, é unha parte importante do noso acervo cultural, e por iso é importante impulsar os traballos dedicados á súa conservación, divulgación e investigación. Nese sentido, a nosa Asociación nace co fin de intentar unifica-los esforzos que desde diversos campos están destinados para tal fin: o material onomástico pode ser analizado desde múltiples perspectivas, non só a lingüística, senón tamén a histórica, a antropolóxica, a social ou a arqueolóxica.
Con respecto ó ámbito xeográfico, o noso campo de traballo non se circunscribe ós límites políticos da Galicia actual, senón que se aproxima máis ó da Gallaecia histórica, e por tanto abranguería tamén os territorios limítrofes, tanto de España coma de Portugal.
Cremos que a recuperación da onomástica tradicional é unha parte importante do proceso de normalización lingüística. Por iso, o papel dos profesionais de ensino medio pode ser moi relevante neste eido, xa que son figuras idóneas para impulsar traballos de campo entre os alumnos, o que, por unha banda, posibilitará que estes se fagan conscientes do papel da toponimia e da onomástica persoal na nosa cultura, e por outra, redundará na elaboración de traballos útiles que axuden a preservar a nosa riqueza cultural. A Asociación pode contribuír a canalizar ou orientar este tipo de traballos, e posibilitar a súa posterior publicación (ben en papel ou en Internet) ou a súa presentación nos congresos que desde o 2002 vimos organizando para dar a coñecer e promover a actividade onomástica de Galicia.
A Asociación Galega de Onomástica naceu en Santiago de Compostela en 1999. Foron socios fundadores Fernando Tato Plaza (†), Antón Santamarina Fernández, Juan José Moralejo Álvarez (†), Ramón Lorenzo Vázquez, Gonzalo Navaza Blanco, Xosé Antón Palacio Sánchez , Xesús Ferro Ruibal, Ana Isabel Boullón Agrelo, Elixio Rivas Quintas, Carlos Búa Carballo e Luz Méndez Fernández
Actual equipo directivo
- Luz Méndez Fernández
Presidenta - Andrea Santiso Arias
Secretaria - Sandra Beis Silva
Fernando Cabeza Quiles
María Dolores Ferro Diz
Raquel Vila-Amado
Vogais
Socios fundadores (1999)
- Ana Isabel Boullón Agrelo
- Carlos Búa Carballo
- Xesús Ferro Ruibal
- Ramón Lorenzo Vázquez
- Luz Méndez Fernández
- Juan José Moralejo Álvarez (†)
- Gonzalo Navaza Blanco
- Antón Palacio Sánchez
- Antón Santamarina Fernández
- Elixio Rivas Quintas
- Fernando Tato Plaza (†)
Estatutos
Estatutos da Asociación Galega de Onomástica (Agon)
Segundo a Lei Orgánica 1/2002 do 22 de Marzo (Boe do 26-03-2002)